e Dende a Asociación de Veciños e A comunidade de montes, coa colaboración desinteresada de moitas persoas e con enorme ilusión realizamos un video documental para conmemorar este centenario
Tratamos de recordar e celebrar, a través das distintas etapas vividas pola casa da sociedá, a admirable historia de loita e unión dos xaviñáns
quixemos presentarvos este documental a todos os veciños nun acto no que recordamos esta historia común coa exposición que fixo Pepe de Ramos e cun coloquio no que participaron algúns dos protagonistas deste documental
Para rematar xantamos todos xuntos na finca de Pontes nunha gran carpa instalada neste terreo veciñal
Foi un acto aberto a todos os veciños de Xaviña e contamos coa asistencia de cáseque 400 comensais.